Trobades de pencaires

Compartiu

Trobada Ibèrica 2014

Encontro ibérico de tradutores de Software Libre a linguas minorizadas

an

Trobada iberica de traductors de software libre a luengas minorizadas
«Mos quieren en soledat, chuntos mos trobarán.»

ast

Alcuentru ibéricu de traductores de software llibre en llingües minorizaes
«Quiérennos en soledá, tendránnos en comuña.»

cat

Trobada ibèrica de traductors de programari lliure en llengües minoritzades
«En solitud ens volen, en comú ens hauran.»

eus

Hizkuntza gutxituen software libreko itzultzaileen iberiar biltzarra
«Bakardadean nahi gaituzte; elkarrekin arituko gara.»

Logotipos

gl

Encontro ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas
«Quérennos en soidade, terannos en común.»

Inicialmente consideramos os seguintes grupos:

  • Softaragonés (web)
  • Softastur (web)
  • Softcatalà (web)
  • Librezale.org (web)
  • Proxecto Trasno (web)

Proposta

Este encontro, pretende acadar unha posta en común da problemática específica dos grupos de tradución do SwL á linguas minorizadas e/ou en risco de desaparición; así como iniciar unha relación de colaboración e posta en común de recursos, que axude a mellorar o rendemento e a calidade dos traballos.

É a nosa intención que nos xuntemos as persoas tradutoras dos equipos «oficiais» de tradución de Mozilla (Firefox, FirefoxOS, Thunderbird) LibreOffice e Apache OpenOffice, Gnome, Kde, LXDE, etc., Debian, Ubuntu, Fedora … así como as persoas tradutoras de moitos outros aplicativos libres.

A asistencia a estas xornadas é libre, aberta e de balde. Poderá asistir calquera persoa interesada na tradución de software ou de produtos tecnolóxicos e informáticos, a calquera idioma.

As mesas sectoriais organizarán por grupos de traballo, nos que participaran todas aquelas persoas que sendo integrantes, por asociación ou colaboración, dos grupos organizadores, teñan interese no tema da mesa. A temática de cada mesa deberá seguirse no «Calendario de actividades» (neste momento aínda en fase de deseño).

Se ben non se falará da problemática doutros idiomas (como pode ser o español ou o portugués), por non seren idiomas minorizados nin en risco de extinción, todas as persoas tradutoras serán ben recibidas nos grupos de traballo.

Datas

A celebrar na primeira fin de semana, sábado e domingo 4 e 5, do mes de outubro.

Bocexo de calendario de actividades a desenvolver

 

Día

 

 

Hora

 

 

Actividade

 

 

Sala

 

sábado 11:00 a 11:30 Recepción aos asistentes Hall
11:30 a 12:00 Acto de inauguración Sala de plenario
12.00 a 14:00 Xuntanzas por equipos de tradución (ver Nota 1) 1, 2, 3, 4
14:00 a 15:30 Xantar
15:30 a 17:30 Terminoloxía e lingüística Sala de plenario
17:30 a 17:45 Descanso / café
17:45 a 19:45 Ferramentas TAC, l10n, axudas e recursos (ver Nota 2) 1, 2, 3, 4
domingo 10.00 a 12.00 Creación, uso e publicación de MT Sala de plenario
12.00 a 12.20 Descanso / café
12.20 a 13.20 Proposta de conclusións finais e clausura das xornadas Sala de plenario

Nota 1

Neste apartado ocórrenseme dous xeitos de estabelecer os equipos

  • Por aplicativo tipo: FF/Mozilla, LibO/AOO, Debian/Ubuntu, Gnome/GTK, KDE/Qt, Web
  • Por aplicación: Ofimática e xestión, Navegadores e asimilados, Deseño, Educación, Son/vídeo …
    • Si ye dable, yera bono poder falar sobre temes de los nuevos sistemes operativos como Tizen, FirefoxOs, Android, qu’afeuten a les llingües “pequeñes” (gl, ast y eu, sabemos daqué d’esti problema..), pero nun sé ónde encuadraría

Nota 2

Aquí poderiamos facer os grupos en base a:

  • Virtaal, Lokalize, OmegaT, Plataformas Web (Transifex, Pootle, Launchpad, …)
É precisamente nestes puntos onde son máis necesarias as suxestións dos membros das comunidades locais en base ás súas experiencias e/ou necesidades. Sobre como artellar as distintas postas_en_común|táboas_redondas|paneis, etc.
  • Propostas de Softaragonés
  • Propostas de Softastur
  • Propostas de Softcatalà
    • Eduard Gamonal
    • Com veieu organitzar-nos en temes transversals en comptes de per aplicacions? P.ex. ja existeixen la mozilla summit, debconf, etc. Potser seria més útil muntar panels/taules rodones per temes com “eines de l10n”, “relació amb el projecte mare”, “teixit organitzatiu”, “relació amb institucions”, etc?
      • M A Bouzada
      • Proposta interesante, paga a pena tela en conta
  • Propostas de Librezale.org
    • Julen Ruiz Aizpuru
    • Ignorando el contenido de las sesiones, ¿soy el único al que le parece que la propuesta de calendario es un poco tardía en cuanto a horarios? Por ejemplo: 2 horas para comer es exagerado, empezar las jornadas a las 11:00 es muy tarde, lo mismo que finalizarlas a las 21:00.
      • M A Bouzada
      • Puse esa hora en función del horario de trenes, que desde BCN/ZGZ llega a las 10:38 a SCQ
      • Trataremos de reducir el tiempo de la comida en función de la próximidad del restaurante (?) que podamos apalabrar.
  • Propostas de Proxecto Trasno

Orzamentos

Proxecto Trasno, como entidade organizadora, pretende asumir (como máximo) os seguintes gastos:

Nota: Pregase que, agás Proxecto Trasno, ninguén edite esta táboa.

 

Engadir as opinións/suxestións embaixo dela.

 

 

Proposta

 

 

Importe

 

Comida sábado, 30 persoas

600,00 €

Cea sábado, 30 persoas

600,00 €

Comida domingo, 30 persoas

600,00 €

Contratación empresa servizos que forneza os recursos WiFi e videoproxección

500,00 €

Hotel, 5 hab. dobres (unha por grupo)

500,00 €

Gastos correntes e de difusión

200,00 €

TOTAL

3.000,00 €

Notas:

Cada equipo asistente farase cargo dos seus gastos de viaxe e estadía (hotel).

  • Coa colaboración ofrecida por GALPon e AGASOL podemos ofrecer neste momento 12 prazas de hotel a xeito de bolsa de axuda (ver Colaboracións e apoios contactados)

A organización mantén contacto cun hotel no centro de Vigo, a 5 minutos camiñando da estación de RENFE en Guixar, ben equipado e cómodo e cun prezo moi axustado (menos de 50,00 €, almorzo e IVE incluído, por persoa). En Santiago, AGASOL ten a encomenda de atopar un hotel o máis próximo posíbel e que non supere os 50 € por persoa e noite.

A organización ofrecese a facer as reservas que se nos indiquen.

A organización facilitará (de balde) unha habitación dobre para cada equipo local (ca|ast|an|eu), a fin de colaborar a que asista, polo menos, unha mínima representación de cada equipo local.

Localización e medios de transporte

 

Opción A: realizala en Vigo

O Concello de Vigo ofrécenos a Casa das Palabras (o Verbum)

Esta opción ten algún inconveniente, Vigo, a pesares de seren a cidade máis grande Galicia e con máis industria e comercio, é castigada acotío polas diferentes administracións e ten unhas comunicacións propias do século XIX. O outro gran inconveniente é que, ao estaren este centro afastado do núcleo urbano a conexión a rede de Internet e frouxa. Asemade, só poderiamos contar con estas instalacións o fin de semana do 18 e 19 de outubro.

Barcelona → Vigo | Vigo → Barcelona

  • Tren LD-AVANT (nocturno), sae de BCN as 20.20 horas do venres chega a VGO as 11.24 do sábado.
  • Tren LD-AVANT (nocturno), sae de VGO as 17.55 do domingo chegando a BCN as 08.49 do luns.

Zaragoza → Vigo | Vigo → Zaragoza

  • O mesmo tren de BCN, saída de ZGZ ás 22.50 o venres e chegada ás 06.29 o luns

Desde Asturias recomendamos o viaxe por estrada.

  • O tren ocupa todo o venres, desde as 10.47 ata as 19.22.
  • O Autobús (ALSA) sae ás 15.30 de Oviedo e chega a Vigo ás 22:15, no mesmo venres.
  • Para a volta, sae de Vigo o domingo ás 16:30 e chega ás 00:45 (xa do luns)

 

Opcion B: realizala en Santiago

Ao seren a capital administrativa, dispon de instalacións abondo e, concretamente da man da AMTEGA temos acceso ao CNTG.

Esta localización ofrece varias vantaxes:

Pola situación xeográfica, para a xente que poida vir en coche (asturianos principalmente) aforra quilómetros de viaxe), para os que prefiran o tren, ten uns horarios máis folgados e para viaxar en avión (penso nos cataláns) hai moita máis oferta e de liñas aéreas «subvencionadas».

Barcelona → Santiago | Santiago → Barcelona

  • Tren LD-AVANT (nocturno), sae de BCN as 20.20 horas do venres chega a SCQ as 10:38 do sábado.
  • Tren LD-AVANT (nocturno), sae de SCQ as 18:45 do domingo chegando a BCN as 08.49 do luns.

Zaragoza → Santiago | Santiago → Zaragoza

  • O mesmo tren de BCN, saída de ZGZ ás 22.50 o venres e chegada ás 06.29 o luns

Nota: é o mesmo tren, mais a situación xeográfica provoca esa hora de diferenza.

Desde Asturias recomendamos a viaxe por estrada.

  • Dúas posibilidades (ambas con ALSA)
    • Saír ás 16:30 do venres e chegar a SCQ as 22:00
    • Saír de Oviedo ás 22.30 do venres de Oviedo e chega a Santiago ás 04:00, xa no sábado.
  • Para a volta, sae de SCQ ás 18:00 chegando a Oviedo ás 00:45 (xa do luns)

CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia), en Santiago de Compostela (cómo chegar).

NOTA IMPORTANTE

Estes horarios de tren e autobús son a día 17/05/2014, para esas datas pode haber algunha diferenza.

Contas de correo das organizacións/equipos implicados

A fin de obter máis información, podedes escribir a calquera destas organizacións:

  • Softaragones 1
  • Softastur 2
  • Softcatalà 3
  • Librezale.org 4
  • ProxectoTrasno 5

Colaboracións e apoios contactados

Confirmado

Aínda sen confirmación oficial (estamos en proceso)

Imaxe gráfica

Os nosos amigo Gustav Gonzalez, desenvolvedor de «Tupí», e Andrés Bot (http://www.andresbott.com/), están facéndonos algún obxecto gráfico.

Déixoos no meu almacén para que poidades botarlle un ollo e opinar.